A escola de piragüismo

Aló polo ano 1995 nas ribeiras onde confluen os rios Ulla e Arnego, uns intrepidos "Aventureiros de Baiña" puxeron a semente do que ía a ser o noso Clube Flubial.

Nese ano logo de algunhas aventuras, crease na Parroquia de Brocos concello de Agolada, o clube de piragüismo "Agolada Clube fluvial" 

Nun primeiro momento comezan os cursiños de Veran de iniciación ao piragüismo e aos deportes náuticos cos rapaces e mozos novos da Parroquia. 

Mais non foron comezos doados, xa que á falta de material deportivo había que lle unir a lenda negra do encoro de Porto de Mouros.Parece ser que dende a construción da presa no ano 1968 pola empresa Pública Moncabril, obra na cal xa faleceran moitos obreiros, houbo numerosas mortes por afogamento, na maior parte dos casos tratabase de pescadores que non sabían nadar, pero tamén houbo outros, como o caso de uns mozos de Visantoña, ou o de uns nenos de Larazo, que por temeridade se foron  nadar sen adverter da grande profundidade así como das distancias as marxes e acabaron afogados.

Estas lendas negras, condicionaron en gran medida a opinión dos pais da zona, que estaban temerosos de mandar aos seus fillos aos cursiños de verán.

A elas se uniu a falta de material deportivo, grazas as apartacións dos socios, as doazóns  de material usado da federación galega de piragüismo e algunhas axudas de institucións publicas conseguiuse reunir algo de material para os cursiños de veran.

Nos seguintes anos conseguiuse enviar a mozos e nenos as regatas infantís e xuvenís da FeGaPi en diferentes localidades do territorio galego.

Grazas a este pouco material conseguironse algúns exitos deportivos, pero o problema engadido era donde gardalo. Grazas á solidaridade dos veciños de Brocos conséguese que se poidan empregar as instalacións da vella escola unitaria, as cais funcionaban como Angar e vestiario mixto, sen duchas, claro.

A competición e as ligas de Kaiak Polo

O ano 1998 foi un punto de inflexión para o Clube, xa que pasou de ser un clube de verán para ter entrenamentos e competicións todo o ano, ao mesmo tempo tamén deixou de ser un clube de recreo e deporte de base para comverterse nun clube adicado á competición deportiva.

Neste momento había un novo deporte que estaba de moda no ambeto do piragüismo galego e polo cal a FeGaPi fixera unha forte aposta, o Kaiak Polo.

Este deporte chega a Agolada no autono,  coa entrega de un equipo novo completo por parte da FeGaPi consistente en seis barcos coas suas respectivas pás, chalecos, cubrebañeiras e cascos. 

Os mozos do clube colleron o deporte con esmero, estudandose os regulamentos técnicos e adaptándose na auga ao novo material. Entreaban dende cero e a marchas forzadas, xa que o compromiso coa federación era acodir aos campionatos de inverno do mesmo ano.

O clube encadrouse por primeira vez na liga da segunda división galega masculina de kaiak polo na tempada 1998-1999, sendo o primeiro partido na vila da Estada. En realidade o clube veuse moi sobrepasado polo elevado níbel competitivo, tendo que enfrontarse a palistas de elevada experiencia.

O seguintes partidos celebraronse en Ourense e  Ferrol, nun campo construido a tal efecto diante do estadio de A Malata. O compañeirismo e as boas relacións con outros clubes fixeron xerar aos mozos de Agolada un forte entusiasmo por aprender o deporte. 

En seguida aprenderon técnicas novas indispensables tais como os xiros rápidos a 180° ou a técnica da esquimotaxe ou volteo esquimal. Esta última ten un enorme efecto no xogo, non só polas vantaxes técnicas relacionadas coa velocidade do xogo, senón tamén ten un maior efecto Psicolóxico ao incrementar seguridade po palista, o que permite ao equipo realizar ataques máis agresivos e contrataques constantes, deixando ao descuberto as debilidades do adversario.

Estas técnicas aprendidas, foron logo empregadas para outra modalidade deportiva tamén iniciada dende cero, o descenso en augas bravas.

Aínda así, ao clube quedaballe moito por aprender, o maior problema era a falta de roupa técnica axeitada para poder entrenar, tal como traxes de neopreno, escarpíns, termicas, impermeables, etc. Isto xunto á falta de instalacións adecuadas con duchas de auga quente incrementaban o risco de hipotermia, o que facían difícil levar acabo longos en inverno.

Grazas á subvención periodica do concello de Agolada o clube poido facerse co material axeitado para a práctica deportiva en inverno. E así mesmo para practicar o descenso dos ríos da contorna, os cais son moi aptos para a modalidade de augas bravas.

O cambio de instalacións

Logo de varios anos de solicitudes, o concello construiu unhas novas instalacións deportivas axeitadas á práctica do piragüismo, situadas na aldea de O Bugallal fronte á aldea emerxida do Marquesado.

O lugar donde se debían ubicar as instalacións suscitou unha forte polémica entre os veciños de Brocos que non querían que se cambiase a zona de adestramento no vello horreo do Barreiro, que tamén se empregaba como lugar de ocio tradicional praia fluvial da parroquia nós veráns.

Maila a iso a falta de espazo e a dificultade para acceder varios vehículos, especialmente os pesados ou voluminosos, fixo que se tivera que cambiar de ubicación.

O clube por aquel momento estaba funcionando a pleno rendemento, moi centrado na liga de  kaiak polo, con entrenamentos dous ou tres dias por semana moi rigurosos e intensos. Os palistas contaban xa con unha boa base técnica e práctica.

En boa medida por acudir a os simposums organizados anualmente pola federación galega de Piragüismo en Silleda, Lugo, Pontevedra e outras localidades, donde varios deles se cualificaron como monitores nacionais de piraguismo e como árbitros de kaiak polo. 


Ao mesmo tempo os resultados das ligas de Kaiak polo non eran os esperados, notabase unha clara melloría, con xogadas individuais e en equipo que deixaban coa boca aberta a outros clubes e espectadores. Podería dicirse que a melloría dos resultados foi un proceso en lento e progresivo.

A crise do clube fluvial e o novo clube náutico.

Unha mestura de por un lado, unha falta dos resultados desexados nas ligas de Kaiak polo, mesturada cunha mala tempada.

E por outro, o abandono do deporte de base para satisfacer as presións competitivas da FeGaPi e o problema demográfico dos concellos da zona, fixeron que non puidera darse un relevo xeracional no clube.

A falta de un relevo xeracional notóuse fortemente, cando varios membros do clube se foron a outras localidades a traballar ou estudar. Isto fixo que non houbera xente para ir a competicións deportivas, o que trouxo consigo o abandono dos entrenamentos de inverno e unha forte crise deportiva.

O clube continuou as suas actividades no verán pero a un rítmo moi baixo, a modo lúdico e prescindindo de competicións oficiais de todo tipo. Para maior pesar,  a lei do deporte galego de 2014, trouxo consigo a maiores da crise deportiva que xa se vivía unha crise institucional, pois supuxo a perda da incribción do clube histórico na lista de entidades deportivas de Galicia, ao non adaptarse a esta nova lei os estatutos do clube.

No ano 2020 coa introdución de novos deportes, concretamente a motonáutica e o esquí náutico o clube renaceu ofrecendo de novo cursiños deportivos, concretamente déronse cursos oficiais para a obtención do título de patrón de até 6 metros de eslora, que contou cun grande éxito de participación.

Tamén se deron cursiños de iniciación ao piragüismo senior, para maiores de 55 anos,  motonautica adaptada para persoas con minusvalía e iniciación ao esquí náutico.

Así a finais de 2020, despois de varias xuntas de socios o clube iniciou os tramites para se reconstituir legalmente, desta volta como "Agolada Clube Náutico"  unha entidade que se adapta a práctica  deportiva dos socios nun novo tempo e con un marcado carácter de entidade dinamizadora e social.