A crise do clube fluvial e o novo clube náutico.

Unha mestura de por un lado, unha falta dos resultados desexados nas ligas de Kaiak polo, mesturada cunha mala tempada.

E por outro, o abandono do deporte de base para satisfacer as presións competitivas da FeGaPi e o problema demográfico dos concellos da zona, fixeron que non puidera darse un relevo xeracional no clube.

A falta de un relevo xeracional notóuse fortemente, cando varios membros do clube se foron a outras localidades a traballar ou estudar. Isto fixo que non houbera xente para ir a competicións deportivas, o que trouxo consigo o abandono dos entrenamentos de inverno e unha forte crise deportiva.

O clube continuou as suas actividades no verán pero a un rítmo moi baixo, a modo lúdico e prescindindo de competicións oficiais de todo tipo. Para maior pesar,  a lei do deporte galego de 2014, trouxo consigo a maiores da crise deportiva que xa se vivía unha crise institucional, pois supuxo a perda da incribción do clube histórico na lista de entidades deportivas de Galicia, ao non adaptarse a esta nova lei os estatutos do clube.

No ano 2020 coa introdución de novos deportes, concretamente a motonáutica e o esquí náutico o clube renaceu ofrecendo de novo cursiños deportivos, concretamente déronse cursos oficiais para a obtención do título de patrón de até 6 metros de eslora, que contou cun grande éxito de participación.

Tamén se deron cursiños de iniciación ao piragüismo senior, para maiores de 55 anos,  motonautica adaptada para persoas con minusvalía e iniciación ao esquí náutico.

Así a finais de 2020, despois de varias xuntas de socios o clube iniciou os tramites para se reconstituir legalmente, desta volta como "Agolada Clube Náutico"  unha entidade que se adapta a práctica  deportiva dos socios nun novo tempo e con un marcado carácter de entidade dinamizadora e social.