A escola de piragüismo

Aló polo ano 1995 nas ribeiras onde confluen os rios Ulla e Arnego, uns intrepidos "Aventureiros de Baiña" puxeron a semente do que ía a ser o noso Clube Flubial.

Nese ano logo de algunhas aventuras, crease na Parroquia de Brocos concello de Agolada, o clube de piragüismo "Agolada Clube fluvial" 

Nun primeiro momento comezan os cursiños de Veran de iniciación ao piragüismo e aos deportes náuticos cos rapaces e mozos novos da Parroquia. 

Mais non foron comezos doados, xa que á falta de material deportivo había que lle unir a lenda negra do encoro de Porto de Mouros.Parece ser que dende a construción da presa no ano 1968 pola empresa Pública Moncabril, obra na cal xa faleceran moitos obreiros, houbo numerosas mortes por afogamento, na maior parte dos casos tratabase de pescadores que non sabían nadar, pero tamén houbo outros, como o caso de uns mozos de Visantoña, ou o de uns nenos de Larazo, que por temeridade se foron  nadar sen adverter da grande profundidade así como das distancias as marxes e acabaron afogados.

Estas lendas negras, condicionaron en gran medida a opinión dos pais da zona, que estaban temerosos de mandar aos seus fillos aos cursiños de verán.

A elas se uniu a falta de material deportivo, grazas as apartacións dos socios, as doazóns  de material usado da federación galega de piragüismo e algunhas axudas de institucións publicas conseguiuse reunir algo de material para os cursiños de veran.

Nos seguintes anos conseguiuse enviar a mozos e nenos as regatas infantís e xuvenís da FeGaPi en diferentes localidades do territorio galego.

Grazas a este pouco material conseguironse algúns exitos deportivos, pero o problema engadido era donde gardalo. Grazas á solidaridade dos veciños de Brocos conséguese que se poidan empregar as instalacións da vella escola unitaria, as cais funcionaban como Angar e vestiario mixto, sen duchas, claro.